jueves, 24 de abril de 2014

A Carroucha - Abril 2014 - HISTORIA DA COMUNIDADE

Esta, e as seguintes entradas, corresponden A CARROUCHA, a folla informativa da Comunidade, repartida o pasado domingo 20 de abril, e que podedes encontrar nos sitios de costume na nosa Parroquia.

Tamén podedes solicitar o envío por email (montesxuño@gmail.com)
Empezamos:

Historia da CMVMC de Xuño.

(Texto resumido das actas da Xunta Rectora do anos 80 e 90)

En outubro do 88 reúnese a Xunta Rectora para tratar a solicitude presentada pola ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO DE XUÑO DUNHA AXUDA DE 50.000 PTAS. que queda pendente de propoñelo en Asamblea para a súa aprobación. Infórmase da solicitude de varios veciños PARA ABRIR UN CAMIÑO NO CURRO.

En novembro do 88 reúnese de novo a xunta rectora para informar da VENDA DOS PINOS QUEIMADOS NAS REGUEIRAS E MONTE ABELENDO. O beneficio da venta destinarase a plantación de árbores nobres nos citados lugares. 

INFÓRMASE DA APERTURA DUNHA PISTA EN LAXIDO, onde se cortaron varias mangueiras de traída de augas e que foron reparadas por Manolo do Correo, quedando pendente o pago do arranxo.

En novembro do mesmo ano vólvese reunir e acórdase enviar un escrito ao Concello SOLICITANDO A DESAFECTACIÓN DOS TERREOS ONDE SE ENCONTRA CONSTRUÍDO O LOCAL DA COMUNIDADE DE MONTES PARA PODER PASALO O REXISTRO DA PROPIEDADE. 

Celébrase no 88 unha última reunión onde se estuda a SOLICITUDE DO MÉDICO QUE PIDE MELLORAS PARA O LOCAL ONDE TEN A CONSULTA. A Xunta Rectora acorda concederlle só un moble estantería. 

DENÉGASE OUTRA SOLICITUDE PRESENTADA POLO DIRECTOR DO COLEXIO PÚBLICO DE XUÑO PARA USAR O LOCAL CON ACTIVIDADES ESCOLARES de psicomotricidade e educación física, xa que a Xunta Rectora considera que o local estaría exposto a un contínuo deterioro. Nesa mesma reunión dáse lectura a un orzamento presentado por Basilio Sueiro para o PECHE DO RECINTO ESCOLAR DE PÁRVULOS e acórdase pasarlle o orzamento ao Concello. (continuará)

No hay comentarios:

Publicar un comentario