sábado, 26 de abril de 2014

A CARROUCHA - Abril 2014 - Contrato coa Empresa ENCE e o Parque Eólico

Seguimos publicando A CARROUCHA, informativo da Comunidade, que repartimos o pasado domingo, 20 de abril..
Nesta ocasión trátase o Contrato coa Empresa ENCE e o Parque Eólico

CONTRATO COA EMPRESA ENCE

A empresa ENCE, coa que se asinou un contrato aprobado na Asemblea celebrada en febreiro de 2013, xa está a traballar no noso monte. Realizou actuacións nas zonas de Vistipoi, Pradomonte, Barcia e Traves consistentes no desbroce e erradicación de planta vella, apertura de regos e plantación con planta nova de eucalipto.En total 27,96 hectáreas (é dicir 582 ferrados. Quedan aínda por plantar 18,8 hectáreas (391 ferrados e 7 cuncas) no lugar de Pedras Negras (por debaixo dos eólicos). En total as hectáreas ocupadas serán 46,76 (974 ferrados e 1 cunca) ENCE pagará á Comunidade 55 euros por ano e hectárea ocupada. 

Tendo en conta que as hectáreas plantadas van ser 46,76 o ingreso anual será de 2.571,80 euros. Este importe anual será cada ano incrementado ao engadirlle o medre do IPC. A este pago pola renda do monte hai que sumarlle o 10 por cento do valor da madeira que se corte mentres dure a concesión. O contrato ten unha duración de 25 anos.

Aínda que para o presente ano non acabaron co labor de plantación a Comunidade xa recibeu un 1º pago de 1.860,74 euros correspondentes á parte xa plantada. Cómpre aclarar que deses 1.860,74 € o ingreso efectivo para a Comunidade vén sendo de 1.537,80 €, xa que o IVE lévase un 21% 

PARQUES EÓLICOS 

Na última Asamblea Xeral celebrada, a do pasado 16 de marzo de 2014, decideuse demandar por impago á empresa propietaria dos eólicos. Curiosamente, tres días depois, o 19 de marzo recibimos un ingreso por valor de 13.895,16 euros correspondentes ao canon dun dos dous muíños, o que está situado na parte de monte que temos no Concello da Pobra. Falouse coa empresa e dixeron que en breve farían o pago do correspondente a outro muíño, que está situado na parte de monte integrada no Concello do Son. Falar, falaron, pero nada chegou. Nin iso nin os atrasos que nos deben do 2013.

Como aínda seguen a debernos cartos e os perxuicios que lle causa o impago a nosa Comunidade son moi importantes a demanda continúa adiante. Hai que aclarar de novo que dos 13.895,16 € que nos abonaron a Comunidade embolsa efectivos 11.483,60 xa que os 2.411,56 restantes son para pagalo IVE. Dicir tamén que aínda que non cobramos parte do canon 2013 e 2014 a nosa Comunidade atópase totalmente o día en canto os pagos con facenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario