A Comunidade de Montes de Xuño está orgullosa da posta en marcha dos Parques Singulares de
Pobra e Porto do Son xa que os terrenos onde están instalados os
aeroxeneradores pertencen a nosa Comunidade (cousa que todos parecen olvidar).
Tamén é de xustiza que se sepa que a empresa
que ten firmado o contrato ca Comunidade de Montes de Xuño desde 2003, está
incumplido o mesmo sistemáticamente.
Este contrato firmado polas partes
básicamente di que a Comunidade cede un dereito de superficie á empresa
adxudicataria da concesión dos parques singulares a cambio do pago dun canon
anual basado na potencia concedida (3 megavatios por parque eólico).
Desde a firma dos contratos a comunidade ten
serios problemas para cobrar este canon. A empresa comenzou a pagar no 2009,
logo de que a comunidade tivera que reclamarlle o pago de parte co canon 2007 e
a totalidade do 2008.
Non hai un ano desde o 2009 que a empresa
abone o canon dentro do plazo estipulado nos o que contratos, tendo a
comunidade que reclamar este pago, o que nos ocasiona diversos gastos.
Ademáis cando a Administración aumentou a
potencia concedida (3 megavatios) a empresa ocultouno para non ter que aumentar
o pago do canon, ocasionando novos gastos á comunidade para reclamar o que por
contrato nos corresponde.
A última “xogada” da empresa PDR ocúrrenos este
ano 2013, cando a empresa abona o canon a finales de abril (con 4 meses de
retraso sobre a data estipulada no contrato, e logo de reclamarllo en numerosas
ocasións). Por si esto non fora suficiente, a empresa non abona íntegramente o
que por dereito adebeda á comunidade, si non que so ingresa parte do canon,
debendo nestes momentos a Comunidade máis de 10.000 €. Unha cantidade que para
a empresa non supón máis que “calderilla” (parabras textuales do propietario da
empresa Antonio Vidal, ditas diante dos representantes da Comunidade e do
Alcalde do Son), pero que para nos nos supón poder facer moitos traballos no
noso monte, sobre todo cara a un verán que nos tememos moi duro cara a
prevención de incendios.
Somos conscientes que para os Concellos de
Porto do Son e a Pobra os ingresos que lle van reportar estes dous parques
eólicos son cuantiosos, moito máis comparados co que a empresa ten que abonar
por dereitos de superficie, e coa actual crise supoñen un balón de osíxeno para
poder facer obras máis que necesarias.
Somos conscientes que para a Xunta de Galicia
supón un tanto moi importante que sigan a funcionar as suas concesións
administrativas.
Somos conscientes que para os vecinos de
Porto do Son e a Pobra son moi necesarios estes ingresos para que os seus
representantes políticos podan xestionar os servicios que tanto necesitamos.
Pero tamén somos conscientes de que a
Comunidade de Montes de Xuño ten todo o dereito do mundo a cobrar o que por lei
nos pertenece, e por eso estamos dispostos a recurrir a todos, Conselleiros,
Alcaldes, vecinos do Son, vecinos da Pobra e comuneiros de Xuño para conseguir
o noso propósito.
Gracias polo seu interés.
Un saudo de Manel Santos Secretario da
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xuño.