A Asamblea Xeral Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) vaise celebrar o vindeiro sábado 12 de marzo de 2011, na casa da cultura de Porto do Son. Comezarremos ás 10:00 horas coa seguinte
ORDE DO DíA:
1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Altas e baixas no censo de comunidades
3. Aprobación, se procede, do informe de xesión da Xunta Reitora da ORGACCMM
4. Aprobación, se procede, do estado de contas da ORGACCMM
5. Debate sobor o borrador da nova Lei de Montes Veciñais
6. Aprobación da cota para o ano 2011
7. Recoñecemento a David Díaz Losada, (fundador da ORGACCMM)
8. Propostas e preguntas
Pola tarde e por xentileza do Concello de Porto do Son, visitaremos o Castro de Baroña.
Todos vos podedes asistir (é gratis) e podemos asegurar que nestas xuntanzas aprendese moito das experiencias de outras Comunidades.
ANIMADEVOS A VIR!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario