miércoles, 16 de marzo de 2011

III Xornada de divulgación do monte veciñal do 19 de marzo de 2011


En colaboración ca A.N.P.A do Colexio de Xuño imos celebrar unha xornada cos nenos:

1.- Xuntanza no Adro da Iglesia (15:30 horas do sábado 19 de marzo de 2011)

2.- Plantación de castaños e carballos no lugar de Guiandón, con presencia do garda forestal.

3.- Demostración do funcionamento da motobomba e a cuadrilla contraincendios.

4.- Visualización de documental. É videos das anteriores xornadas.

5.- Merenda no Centro de interpretación das Lagoas de Xuño e Sampedro.


Agradecemos a asistencia de todos os rapaces acampañados dos seus pais. Traede sacho que hai que plantar os carballos e castaños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario