INFORMATIVO DA COMUNIDADE DE MONTES DE XUÑO.
Nº 3. FEBREIRO 2009
ORZAMENTOS PARA O ANO 2009
Proposta para debatir na asemblea do vindeiro 14 de febreiro.
Relación de gastos
Pago secretaria | 2160,00 |
Pago do técnico | 1505,00 |
Organización Galega de Montes | 270,00 |
Cuota da Mancomunidade | 160,00 |
Seguro Responsabilidade Civil | 3000,00 |
Gastos oficina | 60,00 |
Gastos correos | 100,00 |
Gastos bancarios | 50,00 |
Gastos xestoría | 520,00 |
Teléfonos | 1500,00 |
Compra ordenador e proxector | 1000,00 |
Dietas gastos e desprazamentos | 1000,00 |
Axudas organizacións parroquia | 3000,00 |
TOTAL GASTOS | 14325,00 |
Relación de ingresos
Parques eólicos | 16202,94 |
Canon gandeiro | 1505,00 |
Subvencións | 9280,00 |
TOTAL INGRESOS | 27107,74 |
INGRESOS-GASTOS | 12782,74 |
FONDOS PARA INVESTIR NO MONTE | 12782,74 |
LINDES CON LESÓN
Recibimos unha importante comunicación da Delegación Provincial da Consellería de Medio Rural que aclara o problema dos nosos lindes do noso monte cos de Lesón. Di así:
En relación a súa solicitude de documentación arquivada nesta sección, infórmolle:
1.- Dos datos obrantes neste rexistro, o monte que pertence á Comunidade que representa, coincide exactamente co monte catalogado de utilidade pública Sieira e Castelo, que limitaba ao Leste co Monte da Curota da Pobra do Caramiñal. E o monte veciñal de Man Común Barbanza de Lesón cadra totalmente co monte catalogado de utilidade pública Curota, que tamén limitaba con Sieira e Castelo. En consecuencia ámbolos dous montes veciñais teñen o mesmo límite que constaba nos deslidamentos dos ditos montes catalogados de utilidade pública.
2.- En canto a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2 de novembro de 2000, esta non afecta os límites do monte Barbanza de Lesón, senón a súa condición de veciñal.
3.- Achégolle copia da sentencia referenciada.
A Coruña 30 de novembro de 2008
AVISO SOBRE O TELÉFONO PARA PEDIR CITA PREVIA NO MÉDICO
Para pedir cita no médico podemos utilizar o teléfono 902077333, sen embargo esta chamada sáenos bastante máis cara que se utilizamos o 981952950 que tamén vale e resulta máis barato.
CALENDARIO DE FÚTBOL DA S.D. XUÑO
3ª AUTONÓMICA. GRUPO 7º | ||
08-02-2009 | S.D.Xuño | Cabo de Cruz |
15-02-2009 | Queiruga | S.D.Xuño |
22-02-2009 | S.D.Xuño | Cures |
01-03-2009 | Galicia Bealo | S.D.Xuño |
2ª AUTONÓMICA. CADETE | ||
08-02-2009 | Atl. Riveira | S.D.Xuño |
15-02-2009 | S.D.Xuño | Puebla |
AUTONÓMICA ALEVÍN F-7 GRUPO 4º | ||
07-02-2009 | X.Aguiño B | S.D.Xuño |
14-02-2009 | S.D.Xuño | Porto do Son |
21-02-2009 | Palmeira | S.D.Xuño |
28-02-2009 | S.D.Xuño | Artes |
HISTORIA DA COMUNIDADE DE MONTES DE XUÑO (2)
Con data 16 de maio de 1982 celebrase Asemblea Xeral da Comunidade onde se acorda dar axudas para o campo de fútbol de Xuño, e para o remate do local da Asociación de Veciños Sartaxas.
Decídese tamén facer varias pistas con xabre e tuberías (de Barcia a Pozocho, de Catriño a Zapatal, de Sieira a Laxas, de Costa a Curro, de Costa a Catriño, de Cruceiro a Agra, de Parada a Campo da Batalla, de Parada a Estanqueiro, entrada a Zapatal, reparación de Cañiza a Vistipoi, reparación de Rego Espiñeiro ao Castelo, de Curro a Catriño e de Rego Soniño a Guiandón)
O 25 de xullo de 1982 constitúese unha mesa electoral no grupo escolar para celebrar eleccións á Comunidade de Montes. A mesa electoral estaba formada por: José Reiriz Martínez, Enrique Maneiro Sieira e José Santos, e como interventores M Olveira e Baldomero Blanco. Presentanse dúas candidaturas: a primeira presidida por Manuel Nemiña Insua e a segunda por Bernardo Vila Cameán. Sae elexida a primeira candidatura por un período de dous anos segundo constaba nos Estatutos que daquela rexían. A candidatura elexida está formada, entre outros, polos seguintes comuneiros: Manuel Nemiña Insúa (presidente), Juan Santamaría González (vicepresidente), Joaquin Santos Mondelo (secretario) e José Abeijón Calo.(tesoureiro)
O 5 de agosto do 1982 celebrase Asemblea Xeral da Comunidade onde se informa do resultado das eleccións e faise entrega dos libros oficiais da Comunidade.
(continuará)
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL PARA O 14 DE FEBREIRO
Mandouse unha convocatoria a todas os comuneiros. A asemblea celebrarase ás 19:30 horas.
Nesta asemblea tratarase, entre outros, do voluntariado civil contra os incendios. Os voluntarios son persoas que se ofrecen a facer vixiancia do monte. Non se trata de formar partidas, senón de que cando por unha razón ou outra imos ao monte (por razóns de traballo, paseo ou deporte) aproveitamos e observamos calquera cousa que lle poda facer un destrago e logo pasar aviso. Á súa vez o voluntariado daranos licencia para poder desprazármonos polo monte sen dificultades, porque o que se pretende é un maior control de todas aquelas persoas e actividades que agora campan libremente sen ningún tipo de permiso.
A Rectora quere plantear que todos os comuneiros nos sumemos a esta inciativa que tamén se vai estender ás comunidades que integran a mancomunidade. O monte é de todos nós e entre todos debemos coidalo. Os voluntarios recibirán un pequeno cursiño de formación.
AXUDA PARA A CALEFACCIÓN DA IGREXA
A Xunta Rectora da Comunidade decideu conceder unha axuda de 1.200 € para a instalación da calefacción na igrexa parroquial, contribuíndo así tamén coas aportacións dos veciños.
TRABALLOS NO MONTE
Están proxectados numerosos traballos no monte de limpeza, poda e plantación. No vindeiro número da CARROUCHA daremos unha información detallada.