jueves, 6 de junio de 2013

Parque eólico da Comunidade de Montes de Xuño





A Comunidade de Montes de Xuño está orgullosa  da posta en marcha dos Parques Singulares de Pobra e Porto do Son xa que os terrenos onde están instalados os aeroxeneradores pertencen a nosa Comunidade (cousa que todos parecen olvidar).
Tamén é de xustiza que se sepa que a empresa que ten firmado o contrato ca Comunidade de Montes de Xuño desde 2003, está incumplido o mesmo sistemáticamente.
Este contrato firmado polas partes básicamente di que a Comunidade cede un dereito de superficie á empresa adxudicataria da concesión dos parques singulares a cambio do pago dun canon anual basado na potencia concedida (3 megavatios por parque eólico).
Desde a firma dos contratos a comunidade ten serios problemas para cobrar este canon. A empresa comenzou a pagar no 2009, logo de que a comunidade tivera que reclamarlle o pago de parte co canon 2007 e a totalidade do 2008.
Non hai un ano desde o 2009 que a empresa abone o canon dentro do plazo estipulado nos o que contratos, tendo a comunidade que reclamar este pago, o que nos ocasiona diversos gastos.
Ademáis cando a Administración aumentou a potencia concedida (3 megavatios) a empresa ocultouno para non ter que aumentar o pago do canon, ocasionando novos gastos á comunidade para reclamar o que por contrato nos corresponde.
A última “xogada” da empresa PDR ocúrrenos este ano 2013, cando a empresa abona o canon a finales de abril (con 4 meses de retraso sobre a data estipulada no contrato, e logo de reclamarllo en numerosas ocasións). Por si esto non fora suficiente, a empresa non abona íntegramente o que por dereito adebeda á comunidade, si non que so ingresa parte do canon, debendo nestes momentos a Comunidade máis de 10.000 €. Unha cantidade que para a empresa non supón máis que “calderilla” (parabras textuales do propietario da empresa Antonio Vidal, ditas diante dos representantes da Comunidade e do Alcalde do Son), pero que para nos nos supón poder facer moitos traballos no noso monte, sobre todo cara a un verán que nos tememos moi duro cara a prevención de incendios.
Somos conscientes que para os Concellos de Porto do Son e a Pobra os ingresos que lle van reportar estes dous parques eólicos son cuantiosos, moito máis comparados co que a empresa ten que abonar por dereitos de superficie, e coa actual crise supoñen un balón de osíxeno para poder facer obras máis que necesarias.
Somos conscientes que para a Xunta de Galicia supón un tanto moi importante que sigan a funcionar as suas concesións administrativas.
Somos conscientes que para os vecinos de Porto do Son e a Pobra son moi necesarios estes ingresos para que os seus representantes políticos podan xestionar os servicios que tanto necesitamos.
Pero tamén somos conscientes de que a Comunidade de Montes de Xuño ten todo o dereito do mundo a cobrar o que por lei nos pertenece, e por eso estamos dispostos a recurrir a todos, Conselleiros, Alcaldes, vecinos do Son, vecinos da Pobra e comuneiros de Xuño para conseguir o noso propósito.
Gracias polo seu interés.

Un saudo de Manel Santos Secretario da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xuño.